Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Teatro

3, 2, 1… impro! para despedir a tempada de A Regadeira

A Regadeira despedía nesta fin de semana a súa tempada con The Momento Impro, 3,2,1, cambio, a cargo de Dani Blanco. Un teatro onde ninguén coñece o que vai pasar…

Historias improvisadas de 15 minutos en diferentes estilos (Western, Cine Negro e Telenovela), divididas nas tres salas (alcoba, salón e roupeiro), e onde o público elixe o protagonista, a súa profesión e o seu propósito na obra. Historias onde non se sabe o que vai pasar e que non se van volver a repetir. Un espectáculo único para un público único, nun lugar único.

A Regadeira voltará de novo no mes de outubro e daquela informarémosvos de todo. Atentos a compostelasbien e aos nosos eventos! 😉

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies