Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Gente Mercadillo Musica Sesión vermut

Sunday Drama, motivación para as horas baixas

Unitaria e ONyVÁ celebraron a segunda edición de Sunday Drama, un revitalizante evento para sacudirnos a preguiza e a gris ambigüidade da semana que remata.

 

Demasiados domingos mortos temos pasado en pixama, tirados no sofá e recalentando pizza no microondas. Este patetismo tiña que chegar ó seu fin polo noso propio ben. Estábase a converter case nun asunto de saúde mental, algo do que sentirnos avergoñados, unha patoloxía. Por iso apoiamos incondicionalmente calquera proxecto que busque facer do domingo un día un pouco menos triste e solitario. É como gañarlle un día á semana.

O evento correo a cargo de Unitaria e ONyVÁ, foi a segunda edición e cruzamos os dedos para que non sexa a derradeira. Houbo música de doce a oito, pechando con valses clásicos (como quen quere botar con educación aos convidados), que a gente bailaba tal cual un sábado de madrugada (como si agora eses convidados houbesen pasado a converterse en inquilinos).

Nunha segunda sala transcurría un mercadiño con presenza de algunas pequenas marcas de moda e xoiería que empezan a gañar un merecido espazo. Os organizadores, perfectamente conscientes de que un domingo siempre apetece encher o bandullo con algo contundente, tiveron a ben convidar a Frebas de Nave 5 coa opción vegana dos nachos con guacamole.

O concurrida que estivo a festa foi sinónimo suficiente da sua efectividade, é un acerto que atopa unha boa resposta no público a propostas directas e diferentes. Foi un evento para todo o mundo. Curiosos e fieis, veteráns e xóvenes; para positivos e dramáticos.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies