Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Locales bien O Barbeiro do Hórreo

Os novos vellos tempos

 

O Barbeiro do Hórreo prantexa o seu estilo coma unha mezcla de barbeiro da vella escola salpicado das formas e estilos da new school. Un pequeno local que non se limita a cortar o pelo, senon que pretende acoller aos clientes.

 

Alberto, o barbeiro, fala coa paixón que salpica a algúns profesionais que viven o seu non so coma un traballo, senón coma un estilo de vida, unha forma de ser. Móstrase moi preocupado e interesado por seguir formándose, por non deixar o negocio en standby empregando os cortes clásicos do momento. Acaba de empezar e chega con forza, o seu obxetivo está claro: quedarese e crecer.

o barbeiro do hórreo, compostela

O procedemento no corte de pelo é de tintes clásicos. A toalla quente para abrir os poros no afeitado, e o xabón na brocha coma na vella usanza. Non se limita so a degradados nin quere quedarse nos recursos do momento, o seu interese está en evolucionar, e fíxase no que fan no resto de Europa para tomalo coma exemplo.

o barbeiro do hórreo, compostela

Un deses detalles que incorpora dende o extranxeiro á nosa cidade é o de invitar a unha cervexa aos seus clientes, non é o único barbeiro que o fai pero segue a ser unha rareza pola zona que xa nos fala sobre o interese do barbeiro por crear comunidade, por buscar que o cliente se sinta cómodo, animar a soltar a lingua e que cortarse o pelo non sexa exclusivamente un aburrido trámite, que se transforme nun momento para un mesmo.

Todo o local desprende un regusto polo estilo rockabilly, polo blues, polo xogo estético do home clásico, a necesidade de coidar a barba, o mimo nos detalles e un trato cercano e de barrio, moi da terra. Ao final o barbeiro non é so a súa técnica e a súa habilidade, tamén contan a labia, o espazo e a intención. E neste caso aproba nos tres, e con nota.

o barbeiro do hórreo, compostela

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez
 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies