Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Locales bien Voikukka

Moda sostible para este outono

 

Baixo a posición da moda sostible e do comercio xusto e de cercanía, Voikukka estrea colección de outono e inverno.

 

Somos o que levamos. É unha verdade innegable á que temos que achegarnos pouco a pouco. Unha forma de facelo é coidando os materiais das prendas que empregamos, a sua orixe, a forma de elaboralos, o grado de xustiza co que están feitos. A mínima acción negativa posible no medio ambiente. Esa é, precisamente, a motivación de Voikukka e o interese que tén nas marcas coas que traballa.

Para esta tempada podes atopar prendas de pequenas marcas galegas, como Cestola na Cachola ou Xiro de Vaqueros. Así como outras de España, como Ray Musgo, que traballa con coiro de curtición vexetal. Estes meses vaise apostar polos vestidos e polas saias. Iso sí, cun enfoque práctico e cómodo. E que o máis importante da roupa, ao fin e ao cabo, é que sexa funcional.

As prendas que están á venda son para todos os días. Unha amplia gama de tons ocres e de grises para esta tempada, e de azúis tirando a escuro. Iso sí, todo con luz propia e fuxindo de caer no negro. É roupa que chama a atención polo que ten detrás, pola orixinalidade sinxela e persoal do diseño, polo toque tan próximo que impregna cada unha delas.

Ese é parte do espíritu que envolve o traballo e as marcas coas que traballan en Voikukka. As telas son de texidos naturais, procurando empregar o mínimo posible de poliéster. Isto dalle unha textura e un tactos únicos, aos que xa non estamos tan acostumados. Ademáis, é unha opción ideal para as persoas con alerxias ou problemas cutáneos.

Cabe destacar tamén que podes comezar a atopar roupa de home na tenda, unha oferta que pouco a pouco irá ampliándose.

So leva dous anos recién cumpridos, pero Voikukka preséntase na cidade como unha alternativa sostible para todas esas persoas cansadas das grandes superficies, da roupa que dura dous lavados, e que saben que o seu consumo inflúe (e moito) no resto do mundo. ¿Anímaste a un vestir máis responsable?

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies