Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Casa da Pedra Gente Locales bien Musica Sesión vermut Terraza

Unha terraza para o verán

 

Casa da Pedra prantexa o seu local como punto de encontro, alonxado do céntrico casco histórico, para dinamizar o barrio e encher a praza de vida.

casa da pedra, compostela

Hai zonas e barrios aos que, moitas veces, sóbralles de encanto o que lles pode faltar de vida, ocio, movemento. E pérdese esa sensación de ter un espazo no que desconectar do día, poder pedir “o de sempre” e arranxar todos os problemas o día seguinte, é dicir: un lugar coma na casa fora da casa. E que a tranquilidade non ten por qué relacionarse sempre co silencio e coa quietude, máis ben depende dun bo ambiente, dun lugar no que poder sentirse parte de algo. E iso é precisamente Casa da Pedra.

casa da pedra, compostela

No cruce entre Sar e Avenida de Lugo xorde unha praziña na que calquera podería ver enseguida que falta algo. Pero, por fin, ese vacío está cuberto pola Casa da Pedra. Situada no emblemático punto no que estaba o bar El Puente. Recollen o testigo e prometen facelo coma nunca.

casa da pedra, compostela

O enfoque é sinxelo, polo que só podemos prever que teña éxito. Moita terraza, moita tapa, moito vermut, moita birra e a creación dunha boa atmósfera na que entreterse por unhas horas. Aínda abriron na noite de San Xoan, polo que están atopando todavía o seu lugar, aínda que coas sesión vermut están xa achegándose a un amplo público de habituais.

casa da pedra, compostela

O único que lles pedimos é ser parte, tamén, dos de sempre. Porque ao final un non só é de onde ven, tamén é onde está. E este, non nos cabe duda, é un deses sitios nos que estar, nos que quedarse, nos que perderse.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

Publicado por

One Comment

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies