Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

A lonxa do mercado Gastronomía Locales bien Terraza

Pratos de culler para un longo inverno

a lonxa do mercado, compostela

 

A Lonxa do Mercado presenta a nova carta de inverno.

O mellor e o remedio máis noso para este tempo.

 

Todo o negativo do mal tempo pásase cun bo prato de culler. E que a gastronomía moitas veces é a única alegría que nos deixan os días de choiva intensa, e temos a sorte de que a calidade da nosa cociña non é pouca. O frío véncese no estómago, e o sabor reside no producto de calidade, na receta tradicional, no saber facer as cousas. Os tres selos de identidade dos pratos da Lonxa do Mercado.

a lonxa do mercado, compostela

 

Na praza de Abastos, no centro mesmo da zona Vella de Compostela, A Lonxa fai unha clara aposta pola gastronomía tradicional de toda a vida. O foco está no producto -a poucos metros de eles, e inmellorable-, e a forma é a da toda a vida. E que cando algo funciona non é preciso cambialo, basta con non esquecernos de que segue sendo bo.

a lonxa do mercado, compostela

 

E, como todos estades agardando, imos coas recomendacións:

Os mariscos son unha das opción máis socorridas e exitosas. Son productos que chegan directamente dende a ría.

lonxa do mercado, compostela

 

Outra opción moi nosa da súa renovada carta de inverno é o queixo de San Simón afumado. Outra vez máis, o truco está directamente no bo sabor do producto.

E cales son os pratos fortes da carta? Os de culler. Neste caso, as dúas recomendacións da casa son o cocido, co lacón afumado (que o teñen todos os días) e os callos (en xoves). Poderíamos falar moito sobre eles, pero pensamos que o interesante está en que os vexas, que vaias e que os probes.

a lonxa do mercado, compostela

a lonxa do mercado, compostela

 

Un espazo con algo máis de fantasía é o dos postres. Pese a ter opcións clásicas e atemporais como o arroz con leite ou a tarta de Santiago, tamén hai outros non tan típicos cun xenial resultado. Por exemplo, o flan de crema de oruxo, especialmente suave e rico.

a lonxa do mercado, compostela

 

Tamén destaca (e destaca moito) o crambel de crema de mazá, xeado de vainilla con tofe, galleta e mazá confiatada. Fresco, dixetsivo e co plus de cruxinte das galletas.

a lonxa do mercado, compostela

 

Hai moitas opción para pasar o inverno. E a nosa recomendación queda ben clariña: na nosa Compostela, coa bufanda e os guantes, un bo prato de culler, e na Lonxa, onde si non.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies