A Casa dos Xacobes: de Bangkok a Compostela

Cun espíritu de mistura e de fusión, A Casa dos Xacobes ofrece os métodos tradicionais de cocina tailandesa fusionándoos cos productos galegos de tempada.
Nunca está de máis que alguén veña a poñernos baixo os fouciños un prato quente que non identifiquemos; que nos fagan probar algo que nos chame a atención e que, cando preguntemos con sorpresa que de onde ven iso, nos digan que ven “de aquí, ¿de onde vai vir?”. Que somos moi nosos para o noso. Pero o noso da para moito.
A Casa dos Xacobes non leva máis de catro meses aberta, pero xa parece un lugar dos de sempre, e o decimos no bo sentido da palabra e coa millor das intencións. Cociñan a nai e o fillo. Él, cunha experiencia previa en lugares tan emblemáticos como Culler de Pau ou Casa Marcelo, estivo vivindo e traballando en Tailandia, Bangkok, nun restaurante de tres estrelas Michelín.
Viaxar amplía horizontes, e tamén apetitos. De esa experiencia trouxo técnicas de cociña tailandesas: os salteados, os picantes, o uso do forno, da parrilla… A idea na Casa dos Xacobes é a de xuntar eses métodos tailandeses de cociña cos productos galegos de cercanía, de tempada, todos eles mercados na Praza de Abastos. Unha fusión entre a cociña e o saber facer da nai e do fillo.
Suxerencias
Inauguraron nova carta foi tan só unha semana. Coma sempre, eiquí vos deixamos as nosas recomendacións:
– Sardiña afumada con maionesa de albahaca, tomate pera e tomate seco. Neste caso, o truco está na elaboración, no forno kamado, un tipo de parrilla xaponesa.
– Porros galegos de tempada con salsa peruana huancaina, con queixo, pementos, un pouco de picante, anacardos, cebollino e chili amarelo.
– Bao recheo de xamón asado cunha salsa coreana chamada quinchi.
– Khaosoi. A receita orixinal é con tallarines pero Casa dos Xacobes cambiou a pasta polo arroz con polo á brasa e arroz salteado con curry verde picante. A primeira modalidade é un prato moi típico do norte de Tailandia.
– Arroz con leite tradicional caramelizado con mango natural. A receita da avoa da casa. Cremoso e inesquecible.
Para quen non queira fantasía e prefira ir ao seguro, sempre vai atopar o menú semanal por 13 euros, con pratos moito máis recoñecibles, aínda que se poderá disfrutar, igualmente, dalgunha innovación. Ademáis, teñen unha pequeña bodega con viños galegos que vaga a pena revisar.
A Casa dos Xacobes é unha alternativa diferente para xantar, e por iso é #localbien. É unha comida moi saudable, con poucos fritos e grasas, feita no forno, en salteados, elaborada como unha mistura entre o de aquí e o de alí. Xa non é para probala, é para repetir!