Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Cultura Entrevistas Gente Musica

Miguel Alonso, amodiño e con boa letra

Acaba de publicar o seu terceiro álbum: “Literaria” no que musicalizou poemas de autores galegos. Plantexado coma un traballo íntimo e directo, moi coidado musicalmente, feito sen prisas e sen urxencias. Amodiño e con boa letra. 

miguel Alonso, compostelaesbien

Pregunta: Quén é Miguel Alonso?

Miguel: Son un cantautor de Ferrol, levo moitísimos anos vivendo na zona de Compostela. Teño xa tres discos editados, o último en decembro de este ano, se chama “Literaria”. Tamén escribo, teño unha novela publciada o ano pasado, e ademáis son psicólogo e profe de música.

Pregunta: Cóntanos un pouco a idea deste terceiro disco.

Miguel: “Literaria” naceu como hai 4 ou 5 anos. Cadrou que estiven facendo unha serie de concertos-recitais cun colectivo que se chama Porta Verde do Séptimo Andar, que é un colectivo vigués. Eles recitaban e eu saía ó final a tocar unhas cancións. E un día no fragor dos concertos dixenlles ”vou sacar un disco con poesías vosas”. O final non é so un disco con poemas da Porta Verde. Pero foi un traballo que me abriu un pouquiño a mente para poñerme a ler un montón de poesía galega, que eu non coñecía.

Pregunta: Os outros discos eran tamén de poesía galega?

Miguel: Sempre escribo as letras eu, e vai seguir sendo así. Pero neste caso concreto decidín que ía coller todos eses poemas e facer cancións con eles.

miguel alonso, compostelaesbien

Pregunta: Cómo foi o paso de cantar as tuas letras a cantar as de outros?

Miguel: Foi moi complicado para min e penso que tamén para os poetas. A moitos non os coñecía, e entendo que é raro que chegue unha persona e diga “vou coller un poema teu de fai 15 anos e vou a musicalizalo”. É verdade que eu tiven que seleccionar moitísimos dos poemas que escollía e que acabei botando fora moitísimos poemas cos que non me identificaba. O final quedeime con estes once. Estou moi contento con eles, pero foi un traballo moi complicado.

Pregunta: Cambiaches algo neles?

Miguel: Unha das ideas principais era modificalos o menos posible. Hai algún poema que sí ten algún cambio pequeno pero a verdade é que asemellan bastante a como aparecen nos libros orixinais.

Pregunta: E os poetas tomaron ben os cambios?

Miguel: A verdade é que o tomaron moi ben. Tamén algún dicía “igual non estás pillando o que quería dicir orixinalemnte neste poema”, pero a verdade é que moi ben, tiña medo de que algún me dixera “non me gusta para nada o que fixeches co meu poema”. Non pasou (risas).

miguel alonso, compostelaesbien

Pregunta: Atopas relación entre a música e a poesía?

Miguel: Sí. De feito gústanme moitísimo os músicos que intentan expresar bastante coas súas letras. Son moi fan de Dylan que lle deron o Nobel de literatura fai un par de anos. Entón é verdade que creo que hai unha relación moi importante. De feito, cando escribo letras trato de que haxa un certo pouso literario ou poético.

Pregunta: Entón, na tua traxectoria tiña xa sentido facer un disco así, non?

Miguel: Sí, o que pasa é que é verdade o que che dicía. Deixar de facer as letras eu e que aparezan as de outra xente era bastante complicado de integrar na miña música.

Pregunta: Cómo foi o  proceso?

Miguel: Foi moi bonito porque a moitos dos poeta sí os coñecía, os lera. Recollín todos eses libros que tiña por casa, senteime no piano e empezaba a leelos un pouquiño e ver cómo entraban. Foi un proceso moi longo de selección. Ó final o que eu pensaba que podía ser musicable o traballaba máis, mandábao ao escritor, que non me coñecía e mandáballe o poema musicalizado.

Pregunta: E eles opinaban?

Miguel: Sí, habái momentos que decían “creo que esta parte non reflexa o que tal…”

Pregunta: E cambiaches algo?

Miguel: Non (risas) pero a verdade é que estaba ben que tamén eles opinasen.

Pregunta: Canto tempo che levou o disco?

Miguel: Moito. Porque lin moitísima poesía, intentei musicalizar moitas cousas. Eu diría que uns tres anos. E entre medias saíu un EP todo de poemas dun escritor que aparece tamen no “Literaria”. Xavier Frías, escritor asturiano que escribe en galego. Coñecino, musicalicei un poema del. Logo el veuse arriba, mandoume un exemplar e díxome: “musicaliza máis”, e fixen catro.

miguel alonso, compostelaesbien

Pregunta: E qué tal o directo de este disco?

Miguel: É un espectáculo moi diferente a outras veces. O normal cando eu cando saco un disco é montar unha banda e esa banda toca comigo, e presentamos o traballo. E ocasionalmente fago acústicos. Aquí é o contrario. Fago todos so concertos eu só pero non é exactamente un acústico. Eu levo bases nalgúns temas, levo sons. Recito polo medio, fago que eles fagan cousas… É un espectáculo en concreto para este disco en concreto.

Pregunta: E a acollida?

Miguel: De momento moi boa. Porque eu tiña moitísimo medo. Estamos escollendo sitios moi concretos e se está replicando moi ben esa intimidade que buscaba.

Pregunta: Un coñecido díxome unha vez que a poesía galega é a mellor do país.

Miguel: A min gústame moitísimo a poesía galega e agora acabei encontrando un montón de escritores e sobre todo de escritoras. Porque a poesía galega ten das mellores escritoras. Non sei se vou ser tan categórico de dicir que é a mellor do Estado, pero é unha das mellores seguro.

Pregunta: Cómo te relacionas co galego?

Miguel: Eu son galego falante, entón vexo normal cantar en galego, cantar no meu idioma. Gústame moito Quique González e lle preguntaban nunha entrevista por qué non canta en inglés se facía folk americano. E él dicía que había que cantar no idioma no que un soña.

Pregunta: Fálanos un pouco da tua novela.

Miguel: É unha novela de temática xuvenil, chámase O caso Quintana, é unha novela de misterio clásico. Cando fixeron reseñas dela falaban de novela negra. Son dúas protagonistas, estudantes de psicología, e un día hai un asasinato na facultade e descubren un montón de cousas que hai detrás.

miguel alonso, compostelaesbien

Pregunta: Qué tal o resultado?

Miguel: Moi ben, tuvo duas edicións. A primeria vendéronse rapidísimo. E de feito estamos vendo coa editorial de facer unha segunda parte.

Pregunta: Cómo funciona a nivel profesional ser un cantautor en Compostela?

Miguel: Sempre nos quedamos moito coa imaxe do cantautor coa sua guitarra nun concerto, e eu fixen moitísimos acústicos na miña vida. Eu considérome un cantautor cun punto máis rockero. Quizáis non neste disco, pero sí nos outros. Véxome sempre subido no escenario con outros dous músicos tocando folk-rock ou como queiras chamalo. Iso é moitísimo máis complicado que ir coa miña guitarra. E facer neste disco o concerto en solitario é para centrarme no directo noutros aspectos e non tanto na parte sonora.

Pregunta: A túa relación coa música cara onde se dirixe?

Miguel: Eu vivo da música porque son profesor de música. Evidentemente non vivo do meu proxecto en solitario porque non podería, pero vai cara iso. Eu estudiei psicoloxía e traballei como psicólogo moito tempo e o deixei. Entón decidín adicarme profesionalmente á música. Para poder facer iso imparto clases de guitarra.

Pregunta: Cal é o teu próximo paso?

Miguel: Pois seguramente sacar un disco que xa teño ahí medio grabado, para o ano que ven. É un disco totalmente acústico, prácticamente toco eu todos os instrumentos. Ten unha historia detrás un pouco conceptual sobre a infancia…

Pregunta: E a nivel persoal qué tal valoras o resultado?

Miguel: Estou moi contento, porque a verdade é que foi un disco relativamente complicado de facer. Dedicarse a musicalizar poesías fíxome crecer como músico para levalo a cabo. E porque o fixen cun grupo moi reducido de músicos e toquei moitas cousas. E quedei moi contento con iso. Unha experiencia moi bonita.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies