Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

conciertos Cultura Entrevistas Gente Musica

María do Ceo presenta o seu novo disco en Compostela

maría do ceo, compostela

Falamos con María do Ceo, unha das fadistas máis relevantes da nosa época.

Leva máis de vinte anos traballando por facer do fado unha peza cultural indivisible da cultura galega e portuguesa. Probablemente, a voz máis marcada da sua xeración. O vindeiro sábado 16 presenta o seu novo disco “A Fadista” no auditorio Abanca, en Compostela, unha cita que os amantes do xénero non querrán perderse.

 

-Qué nos podes contar sobre o teu novo disco?

A Fadista é o titulo do CD. Son 14 temas, tres de eles en lingua Galega.

Dous poemas do letrista ourensán Armando González López: Xana da Ponte, e Sei dun lugar. As músicas destes dous poemas galegos son de Fados tradicionais como son o Fado menor do Porto (en Xana da Ponte), e o estilo Fado Pedro Rodrigues (no poema “Sei dun lugar”). E a terceira canción galega é unha versión a Fado da popular canción de Julio Iglesias “Un Canto a Galicia”.

En A Fadista, o fado e a música galega volven convivir nun espazo emocional no que as texturas sonoras expresan sentimentos compartidos pola melancolía e no que a “saudade” e a “morriña”, emerxen na súa voz e móstranse en contextos claros e recoñecibles, cunha tensión de afectividade musical que atrae de inmediato.

O  título ten “denominación de orixe artística” — o fado –, e nel María canta con “Bágoas na garganta”, cousas da saudade ( ese sentimento afectivo profundo, próximo á melancolía, estimulado pola distancia a algo amado, que implica en ocasións resolver esa distancia),  fados, fados cancións, cancións en galego e temas populares que  provocan, uns,  unha “congoja sensitiva” que segrega “bágoas” por causas emocionais na súa escoita.  (Texto de Nonito Pereira).

Xana da  Ponte é unha homenaxe á muller do Rural, neste caso é unha muller do Pobo de Forcarei, pero pode ser de calquera punto do rural galego.
Foi un disco grabado nos estudios Edisco (/na Estrada), estudio ao que estou unida dende fai 22 anos, onde por primeira vez no ano 1997, achegueime para grabar o meu primeiro disco “Cartas de Amor”. Este disco, A Fadista, fai o numero 14, e tamén ten 14 Fados.
Os músicos instrumentistas de este disco foron:
Alex Salgado( Guitarra Portuguesa)
Xosé Salgado (Guitarra Española)
Fernando Campo s(Baixo).
E Kinhos Saburido (percusións)
Texto de: Nonito Pereira!!

-O título do novo album remite a figura da muller no ámbito musical, ¿crees que nesta liña queda moito por facer?

Creo que en Galicia hai moitas artistas femeninas moi boas, solistas, e en moitos ámbitos da música, sexa como cantoras ou instrumentistas. Polo menos eu é o que vexo. O que ocurre é que o mundo da música en Galicia está moi parado tanto para artistas femeninos como masculinos!

-O fado coma xénero ten un bo renome en Galicia. ¿Tradúcese tamén iso nun público determinado dese xénero musical?

Sí, o Fado sempre foi un xénero musical que os galegos adoran, e isso demostranno na asistencia ós teatros, auditorios etc. O público do Fado antigamente era un público de mediana edad, pero dende que o Fado foi proclamado Patrimonio da Humanidade comezou a ter un público tamén máis novo, aínda que sempre é e será un público moi culto, iso si.

 

Texto de: Nonito Pereira!!

 

-¿En qué momento da túa carreira te atopas?

Tranquila, sosegada, repousada, como os bons viños!

Intentando mellorar disco a disco. Agora teño moi claro  o que quero e como o quero.

Cunha madurez na voz que fai que o meu estilo e a miña maneira de expresar sexa única, e loito por seguir facendo iso en cada disco, ese estilo único, diferente, que é o Fado Minhoto.

 

-¿Cómo vives ti a ligazón que mantemos os galegos con Portugal?

Eu o vivo moi ben porque a miña familia é a metade galega e outra metade portuguesa.

Os galegos adoran todo o que ten que ver con Portugal: as cidades, os pobos, as vilas, a gastronomía, o comercio, as praias, e por suposto a música.

Pero non sucede así ó contrario: é difícil de Portugal para Galicia, por exemplo, eu en Portugal son A SENHORA GALEGA QUE CANTA FADO.

Por un cantor galego que traballa en Portugal veñen 10 artistas portugueses a Galicia!

maría do ceo, compostela

-¿Qué cousas te achegan a Amália Rodrigues e cales te separan dela?

De Amalia TODO. Dende nena son a sua grande admiradora. Con Amalia aprendin a cantar. Porque a transmitir e a sentir, iso o aprendin do meu Pai Joaquim (Fadista Amador).

Amalia, foi, é, e será sempre a máis grande, a mellor, e é a fonte donde todas as Fadistas bebemos. Pode que me achegue a ela a pureza, a sencillez, a autenticidade, a alma.

E non hai nada que me separe.

 

-No ano 98 cantaches para Saramago en Compostela. Dirías que se foi o momento máis simbólico da túa carreira, ou rescatarías outros?

Cantar para Saramago foi algo impensable e grandioso, pero logo ó longo de estes 22 anos xa de carreira vivín grandes momentos con outras personas que me marcaron moito.

Cantar na homenaxe a Carlos Cano pola versión de Maria la Portuguesa no Teatro Falla de Cádiz ou na homenaxe á grande Amalia Rodrigues, no Coliseo de Lisboa.

 

-Se non fixeras fado, qué outra cousa farías?

Musicalmente, gústame moito o Bolero, e o Tango!!

E fora da música, creo que podía ser cociñeira, aínda que a miña profesión frustrada sería pola rama da Sanidade, Médico ou Enfermeira, ese mundo fascíname, e sei que se houbera estudado para elo, podería ter sido boa nesa profesión porque teño moitas aptitudes para elo!!

 

Redacción: Compostelaesbien / Fotografías cedidas por María do Ceo
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies