Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Arte Cultura Diseño Entrevistas

KHOS Estudio co Entroido de Compostela

entroido, khos estudio

Este ano, KHOS Estudio encargouse da cartelería do Entroido compostelán. Un orixinal deseño de personaxes moi reconocibles da festividade cun toque esquemático e moi moderno. Falamos con Ana, o nome propio detrás de KHOS, para que nos explique de onde xurdiu a idea.

entroido, khos estudio

Compostelaesbien: ¿Cómo foi a elaboración destas creatividades?

A verdade é que gocei moito facéndoas. Afastarse do computador de cando en vez senta moi ben. Eu teño formación en escultura e sempre agradezo poder achegarme a procesos creativos máis manuais; creo que esta idea é reconocible en moitos dos meus traballos, por exemplo as cartas do restaurante PAMPÍN ou os elementos decorativos que deseñei e fabriquei para eles (o galo e a galiña).

 

CEB: ¿Cal era a idea de fondo que tiñas cando comezaches a traballar?

Pois un pouco suplir as miñas carencias como ilustradora, a verdade é que a idea se me ocorreu enseguida. Acaba de comprar un xogo de construción de pezas de madeira para os talleres que fago con nenos e… fun fiando unha cousa con outra…

entroido, khos estudio

CEB: Teñen reminiscencias case da infancia, pero á vez unha apariencia un tanto adulta, ¿foi adrede?

Creo que moitos dos meus traballos téñena, quizá porque tamén traballo con nenos. Fago talleres en asociacións e colexios, tamén no Hospital Materno-Infantil da Coruña. Traballar con nenos encántame e creo que contribúe a que os meus propios procesos creativos sexan frescos, tenros…

entroido, khos estudio

CEB: ¿Qué acollida está a ter o teu traballo?

Moi, moi boa. A todo o mundo estanlle encantado e felicítanme. Mesmo me preguntaron varias persoas se os personaxes están á venda. Creo que resultou ser unha campaña que funcionou moi ben a nivel visual, é facilmente recoñecible, distinta e que permanece na memoria. Teño que agradecer moito a David Silva, o fotógrafo, o seu excelente traballo e significativas achegas na elaboración deste proxecto, así como á miña amiga Cristina Moralejo, á que sempre acudo en busca de opinión e consello.

 

Redacción: Román Aday

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies