Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Arte Cultura Entrevistas Gente

“Hai unha clave autoficcional na novela que abrangue todo o libro”

Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é unha das novas voces da literatura galega. Cun percorrido exitoso e orixinal, está a punto de publicar a sua nova novela Carrusel, coa que xa gañou o premio García Barros. Á espera de que saia a luz, falamos con ela sobre a sua obra, as expectativas que ten e cara onde se dirixe.

 

En qué punto da tua traxectoria persoal e profesional se inscribe a tua nova obra, Carrusel?

Pasaron xa varios anos desde a miña última novela. Durante este tempo houbo unha época longa en que non me apetecía publicar nada. Tiña bastantes ganas de permanecer nun silencio relativo, de escribir na miña cova, de non expoñerme aos demais, e pareceume que era boa idea seguir ese instinto de calma. Curiosamente ese tempo de non expoñerme en absoluto deu de si un dos libros nos que máis me expoño. As ganas de publicar recupereinas, por fortuna, coa mesma ilusión e coa mesma forza do primeiro libro.

Hai moito de persoal nesa novela?

Coido que en todas o hai. Hai unha clave autoficcional na novela que abrangue todo o libro.

Que supuso para ti gañar o premio García Barros?

Foi unha noticia bonita e emocionante, é moi grato sumar o meu nome ao das autoras que gañaron este premio antes ca min. Tamén é certo que o premio e mais eu temos os mesmos anos, trinta e un, o que me dá unha idea curiosa do paso do tempo. Apetéceme moito que o libro chegue a mans dos lectores, máis que outras veces.

As tuas obras han sido premiadas en numerosas ocasións, dancho opción eses premios a vivir de escribir?

A escrita literaria é un traballo precario e mal pagado.

Eres unha das novas voces femeninas da literatura galega, qué consello lle darías a todas as mozas que qeuran atreverse a escribir unah obra propia?

Non entendo ben en que dirección vai esta pregunta. Supoño que as mulleres que escribimos xogamos na mesma liga que os homes que escriben e, nese sentido, o consello que eu poida dar a alguén que comeza a escribir servirá pouco, moito ou nada, pero servirá o mesmo para mozos que para mozas, espero.

A calquera que queira escribir diríalle que escriba. Parece unha evidencia, pero non o é tanto. A escribir apréndese escribindo.

Que opinión che merece a literatura galega actual?

Paréceme que non é distinta a outras literaturas e, nese sentido, hai de todo. E é bo que sexa así. Hai moitas cousas que me interesan e oxalá puidese mercar cada libro que me apetece.

Cando podremos ler algo novo de ti?

Agora está a punto de chegar Carrusel ás librarías. Agárgoo feliz. Desexando compartilo.

 

Fotografías de Paula Gómez del Valle, cedidas por Berta Dávilda.
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies