Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Cultura

A parte universal das bágoas

A exposición en Catro Gatos de Reme Remedios son unha serie de acuarelas que reflicten con trazo doce a sensibilidade e a irreductible intimidade do choro.

Chorar é unha liberación case tan grande como producir unha obra artística. É algo fluido, líquido, que parece disgregarse xerando de forma natural o trazado dun río. Así son as pinceladas nas acuarelas de Reme Remedios, unha liberación en forma de cor que impregna o seu arredor, que o inunda.

Ata o 5 de outubro podemos disfrutar desta pequena mostra das súas obras. A idea xurdíulle á artista en Braga, na vecina Portugal, onde nas escalinatas do Templo do Bon Jesus do Monte as fontes manan auga xerando a imaxe duns ollos de choran de forma perpetua. Esa é a inspiración da obra de Remedios.

Una boa aposta por parte dunha das galerías que máis están a medrar en Compostela. A confraternización coa parte máis emocional, máis trsite e desgarrada do noso interior, a sua purificación. En fin, nunca chorou ninguén que non escampara.

 

Redacción y fotografía: Román Aday

Compartir
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies