Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Cultura Exposiciones Pintura

A mellor inspiración está na terra

 

Os Catro Gatos acolle a exposición de Fernando Rei, “Misela”. Unha narración visual e moi suxerente sobre o seu entorno en Muros.

 

Non hai nada máis galego que o mar. E este segue a ser un espazo indiscutible a hora de reflectir e de construir a nosa propia realidade. Tamén a artística, coma no caso de Fernando Rei.

As súas pinturas créanse por exceso e defecto. O paisaxe difuso e os corpos suxeridos en base a gotas de gran grosor de pintura coas que vai creando o mapa de seu redor. E coma se o vento e a choiva nos obrigaran a entrepechar os ollos, a ver difuminado, e a sentir, na forza e no movemento, toda a vida que acouga no mar.

Pese a enerxía do ambiente, o trazo é máis ben delicado, por exemplo no feito de que non articule por completo as formas. É un modo de crear que busca transmitir o ecosistema, o cosmos, un mapeado e non unha definición, coma se o concepto, ao cerrarse no punto e final, matase a realidade que pretende encerrar.

 

Redacción y fotografía: Román Aday

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies