Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Arte Cultura Exposiciones

A derradeira lección de Castelao

Ata o tres de marzo, a Cidade da Cultura acollerá a mostra “Castelao maxistral”. A peza central é a archifamosa A derradiera lección do mestre.

Poucos artistas hai coa extraña capacidade de por a todo o mundo dacordo sobre a sua obra. E un deles, sen dúbida, é Castelao. A Cidade da Cultura nunca se viu tan concurrida como nesta exposición actual. Cousa que o edificio precisaba, e unha asistencia que o artista ben merece.

O motivo é que, A derradeira lección do mestre, unha das súas obras más simbólicas e fermosas, tróuxose dende Arxentina. O certo é que a peza, unha das máis ensalzadas e queridas, foi pintada en Buenos Aires, co cal non chegou a estar nunca nun museo galego.

O eixo da exposición xira en torno a idea da ensinanza como refuxio intelectual, como espazo da infancia e da inocencia e como muro fronte a barbarie. Unha necesaria chamada de atención dende o pasado aos nosos tempos. E que cun presente tan convulso e con escasos referentes culturais aos que ollar, non está de máis volver a vista atrás para atopar algo de luz.

A derradeira lección do mestre será sempre unha obra universal porque é difícil pensar que a súa mensaxe poida quedar desactualizada. Probablementre a xenialidade de Castelao estaba na súa sinxeleza. Nas observacións directas, o interese por ser comprendido, na súa sensibilidade. En definitiva, nas pequenas cousas.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies