Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Exposiciones Gente Mercadillo Presentaciones

Xurde en Santiago o colectivo Creativos Galegos para defender o produto cultural do país baixo o lema “Compartir para crecer!”

Estivemos na Galiciana na presentación do colectivo de profesionais CREATIVOS GALEGOS que nace en Compostela baixo o lema “compartir para crecer!” o do que Compostelaesbien forma parte dende fai uns días.

Baixo esta marca paraugas, CREATIVOS GALEGOS reúne a diferentes profesionais da creatividade en Galicia e localizalos nun mesmo espazo, co fin de gañar máis visibilidade no mercado.

Este colectivo xorde dunha verdadeira necesidade de facer fronte a ameaza do produto importado.

 

O traballo dos nosos profesionais creativos do eido cultural ten unha difícil supervivencia se non fan fronte ás problemáticas de convivencia e competividade no mercado. A produción en serie fronte á produción manual, unha existencia masiva de produtos non autóctonos e industriais, a emigración e desaparición dos talleres e oficios tradicionais galegos, e o debilitamento do comercio local, son só algunhas desas problemáticas.

Por iso se unen como colectivo, para sumar forzas crecendo como conxunto, e compartir experiencias entre os referentes da tradición e novos creativos de vangarda.

  • Xa son máis de 60 creativos do eido cultural galego, os asociados baixo o selo CREATIVOS GALEGOS.
  • O proxecto preséntase ao longo desta semana no mercado gastronómico de La Galiciana. Dende o 16 ata o 24 de decembro podedes ver todo o que fan e como o fan, a través de diferentes talleres.

 

Unha marca que reúne aos creativos de Galicia

Aínda que nace en Santiago de Compostela, CREATIVOS GALEGOS, como o seu nome indica, é un conxunto de profesionais da creatividade de toda Galicia.

Deseño galego, arte, artesanía, ilustración, deseño gráfico, escultura… entre outros. Emerxentes ou xa consolidados, o obxetivo da loita é común, a convivencia competitiva no mercado do deseño e produto galego frente a entrada de produto masivo non autóctono.

 

Coñecelos remove e enche o noso orgullo galego

Son moitos e bos profesionais. Como tamén son abundantes e variadas as historias que os levaron a querer conservar, e tamén renovar, un traballo creativo que pon en valor á cultura da nosa terra. Coñecer as súas motivacións, as súas andainas e o seu traballo remove o orgullo de calquera galego.

Dende Compostelaesbien como portavoces e medio de comunicación local animámosvos a coñecelos máis de cerca. Moita forza neste novo e interesante proxecto!

 

Para máis información

+34 639 504 102 (Bea) | +34 664 669 (Sandra) | +34 660 873 148 (Isabel)

Podes seguilos en Facebook e Instagram

creativosgalegos@gmail.com | +34 639 504 102 | +34 664 669 133

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies