Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Musica Presentaciones

Un ano de concertos ata que o lume de NAO se apague

NAO presentaba o seu derradeiro disco o pasado mércores no que será o penúltimo concerto da banda en Sala Capitol.

Está previsto que a data do concerto final sexa o 7 de decembro do vindeiro 2019, un ano despois, e todo apunta a que será no mesmo escenario.

 

Capitol encheuse o pasado mércores para acompañar a NAO no que será o seu penúltimo concerto en Capitol. Veránse as caras todos de novo alí dentro dun ano. O concerto foi moi preparado previamente e contou cun repertoiro moi longo con todos os temas do disco e grandes éxitos da agrupación. Colaboraron Son da rúa, Tanxugueiras, Nervo, Rebeleción do inframundo, Varelita ao acordeón e os ventos de Festicultores. O grupo proclámase moi contento co resultado, coa sala chea e a xente disfrutando dunha gran festa.

Tras pasar polo Culturgal o pasado 1 de decembro, teñen por diante unha xira de salas que os levará por toda a xeografía galega rematando no mes de maio contando tamén con concertos en festivais xa de cara ao verán. O grupo ven adiantando fai tempo a súa retirada dos escenarios, ainda que mantendo sempre o contacto. “NAO non se disolve porque a nosa a mizade, a gran familia que construímos, xamáis desaparecerá” – confesaba o seu vocalista fai tan só unhas semanas na rolda de prensa de presentación do disco.

Fai 11 anos do seu primeiro disco “As palabras espidas”, alá polo 2007, e 13 do seu primeiro concerto, no Centro Social A Revolta, en Vigo. Despóis seguíronlle “Coas túas mans” en 2010, “Cancións de amor e liberdade” en 2012, “Cartas no Caderno” en 2014 e o doble album “Soñar” en 2016. Neses 13 anos a banda sufreu varios cambios na súa formación.

NAO crece no panorama musical galego e no 2015 son galardoados co Premio Martín Códax da música galega na categoría de Metal. Xurde nese ano, no seu mellor momento, a idea de crear unha triloxía final baixo o nome de “Apocalipse NAO”, sendo “Soñar” e “Crear” dous dos tres discos desa triloxía que vese completada co derradeiro disco “Ata que o lume se apague”.

Nestes trece anos destacan por ser unha banda de forte compromiso social cun dos mellores directos do panorama galego.

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

 

 

 

Compartir
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies