Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Cultura Diseño Exposiciones

Sentido e orixe no deseño galego

O Auditorio de Galicia recolle unha das exposicións máis interesantes da actualidade. “Formas do deseño. Galicia XXI” un repaso pola capacidade creativa e visual dos nosos creadores.

 

Moitas veces miramos cara fora pensando que o talento, a creatividades e a inspiración están sempre no exterior, noutro lugar, obviando o que temos na casa. Ao falar de deseño, por exemplo, un sempre pensamos no exterior, en Madrid ou nalgunha outra capital. Pero o certo é que tamén aquí contamos con algunhas das pezas e das ideas máis interesantes que se poden atopar.

E esta é a motivación xeral que ten a actual exposición do Auditorio de Galicia. Un repaso polo deseño patrio nos ámbitos da moda, de consumo, da decoración, etc. Unha forma de resumir cómo vemos, cómo transformamos o mundo e o reinterpretamos en base ao noso imaxinario.

Non deixa de ser un repaso polos emblemas máis característicos dos últimos anos. Os signos que tinguen a nosa historia e o presente. Unha forma, en definitiva, de repensar quén somos nós a través da imaxe, da idea.

Estará ata o 23 de xuño. Unha exposición como poucas, cargada de historia e de figuras emblemáticas. De sentido e de orixe.

 

Redacción e fotografía: Román Aday

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies