Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Festivales Musica Terraza

Regueifa 2.0, unha festa distinta no corazón de Compostela

O Bar Xuntanza organizou o pasado venres a Regueifa 2.0, festival de Rap Galego que contou coa participación de High Paw, AltoAsalto e Som do Galpóm.

O evento, que foi gratuito, comezou arredor das oito e rematou arredor das 2 h.

 

O primero dos grupos, High Paw está formado por unha vocalista viguesa, que comezou a súa carreira musical con 15 anos de idade. Foi letrista e vocalista de distintos estilos musicais. Nos derradeiros anos actuou en diversos eventos en Barcelona como a after party do concerto de Anthony B, o festival Femines Fest e actualmente prepara o seu primeiro EP.

Som do Galpóm é unha agrupación compostelá que naceu en 2005, combo de un hip hop moi particular o que os fai únicos e diferentes, co seu propio selo de identidade e co regustiño a folk do violín que Brais manexa con gracia e soltura.

Para rematar o festival de rap, non podían faltar os composteláns Alto Asalto formado por Moudafaka e Riajos Gatopersa, como se fan chamar os vocalistas, e os seus berros contra as inxustizas da vida mesturadas cos coros do Mestre Pi.

O Bar Xuntanza está situado na rúa Xelmírez, nunha das costas máis pronunciadas da zona vella compostelana. Nel a caña e o pincho son obrigados na ruta, xa que contan con varias tapas gratuitas a elexir (destacando o seu panpizza) ademáis de carta de tostas e racións para picar. Normalmente énchese de xente a última hora da tarde.

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

 

 

 

 

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies