Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Exposiciones Fotografía

O permanente exilio

 

O CGAC reúne a obra de case unha veintena de artistas para recompoñer a narrativa que existe sobre o drama dos refuxiados. We Refugees, unha perspectiva integradora, humilde, que trata de amosarnos que o mundo sostense sobre o cambio e o movemento.

Hoxe aquí, e mañá quén sabe. É algo moi presente na conciencia galega e a súa masiva presencia en Arxentina, a nosa quinta provincia. A exposición non busca so reunir as pezas de diferentes artistas en torno a un mesmo eixo. Tamén unifica a narrativa de boa parte dos intelectuais europeos do século XX sobre a inmigración, o dereito ao refuxio, a débil texido da vida dos exiliados.

Fronte ao drama, aparece un claro responsable, a figura represiva da Unión Europea. Obras que amosan denuncia, malestar, que protestan e se revolven contra o establecido para facer achegar unha visión máis conciliadora.

E se debuxa unha conclusión bastante clara: que o mundo non é algo que nos pertenza, máis ben trátase dun préstamo.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

Compartir
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies