Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda conciertos Cultura Musica Terraza

O gran acerto do Recreios

Desconcierto Cultural organizou unha velada particularmente interesante, o Recreios. Un pequeno festival de música portuguesa con concertos no fermoso Xardín de Xulia e con pinchada á noite no Riquela Club.

 

O leimotiv do festival foi a música portuguesa. Moitas veces dase por feito o que nos rodea e, polo tanto, perdemos o interese ou non nos molestamos en investigar. Desconcierto Cultural achegounos unha pequena mostra do que está a acontecer en Portugal, e déronnos un motivo para botar unha ollada máis próxima a un panorama musical especialmente potente e interesante.

Arrancou Sallim, unha artista de Lisboa que acaba de presentar fai pouco o seu segundo largo “A ver o que acontece”. O seu é un estilo moi actual, un pop doce don guiños á electrónica e un ambiente moi melódico e instrumental. Moi enraizado nas novas correntes musicais que buscan, precisamente, unha liquidez maior á hora de traballar e de alonxarse, por ende, de estilos estructurados e moi pechados.

Gator, The Alligator, o segundo grupo, chegou coma un terremoto. “Imos armar barullo” dixeron nada máis subirse ao escenario, e a verdade é que o conseguiron. Pura enerxía, nervio e vitalidade cun rock con guiños nihilistas, comezando polo título do seu primeiro álbum “Life is boring”. Souberon manter no público o entusiasmo e contaxiar toda a sua sana agresividade e forza para ir caldeando o ambiente a medida que atardecía no xardín.

Finalmente, foi o momento de Cassete Pirata. A súa aposta musical era moi diferente, moito máis elaborada, máis meditada e, nalgúns puntos, tamén máis madura. As súas cancións non estaban feitas tanto para o baile, máis ben para o disfrute, para a sorpresa. Escapaban das fórmulas más obvias ou das cadencias máis clásicas para mezclar e perderse no fío musical que eles mesmos estaban a crear.

Un peche de calidade para un festival intelixente, necesario e moi ben deseñado que tivo o seu remate con Birds Are Indie en Riquela Club.

Máis de un quedamos encantados coa música dos nosos veciños, e con poder bucear nalgunhas das propostas portuguesas máis interesantes que están a xurdir. Unha sincera noraboa para Desconcierto Cultural por un traballo tan ben deseñado e realizado.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies