Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Gente Musica Presentaciones

NAO di adeus aos escenarios con “Ata que o lume se apague”

O grupo estradense presentou este martes 20 de novembro o seu último e derradeiro disco “Ata que o lume se apague” nun acto exclusivo para medios, festivais, salas e fans na Nave de Vidán.

 

A banda estradense NAO anunciou a saída do seu derradeiro disco e o que será a súa xira de despedida, poñéndolle así data de finalización a trece anos de andaina. A pregunta que moita xente agardaba poder contestar era a de por qué un grupo que funiona, que continúa a ter público e concertos, decide dicir adeus, ao que Jasper, vocalista da banda, explicou “Chegamos a un punto no que manter a esixencia con nós mesmos e a coherencia co noso público fíxonos tomar a decisión de buscar un final acaído para a banda. Ter un grupo do nivel de NAO supón sacrificar moitas outras cousas e sabiamos que ía ser imposible manter este nivel acadado no tempo. Por honestidade con nós mesmos e a xente que nos sigue, tomamos a decisión de deixalo no mellor momento, como unha conta atrás de tres discos nos que fixemos o esforzo de que remataran sendo o mellor da nosa carreira. Agardamos que a ilusión que depositamos nisto se vexa reflexada nos sentimentos da xente que nos sigue.

Gustavo Brea, guitarrista e compositor do grupo, explicou como foi o proceso de gravación a camiño entre galiza (Estudos Pouland) e euskadi (Estudios Garate). Recalcou a importancia dos estudios Pouland baixo a dirección de Iago Pico, productor da banda nos últimos cinco anos. É o noso estudio de referencia, no que máis cómodos nos sentimos, co productor que fixo que NAO dese un salto cualitativo en producción e composición. A Garate movémonos por una cuestión de romanticisco, foi o noso primeiro gran estudio e sempre regresamos co corazón, pero aquí en galiza está o noso estudio de referencia”.

Amós Varela, batería e manager da banda anunciou as próximas citas importantes que terá o grupo: este mesmo 22 de novembro haberá unha festa preconcerto no Avante con sorteo de entradas, discos e mercandising, o 1 de decembro estarán no Culturgal ás 20,30 h. cunha sinatura de discos previa ás 18 h. (Feira das Industrias Culturais en Pontevedra) e o 5 de decembro a presentación oficial do disco en directo na Sala Capitol. A partir do 18 de xaneiro comezarán unha xira de salas que os levará por toda a xeografía galega que rematará no mes de maio. De cara a o verán están a concretar estes días a axenda, habendo xa varios festivais confirmados.

Como o grupo viña adiantando en redes sociais, tamén se anunciou a data d concerto final, que será de novo en Compostela o 7 de decembro de 2019. Despois deixarán os escenarios pero continuarán xuntos, en palabras de Jasper: ” NAO non se disolve, non se desfai, porque a nosa amizade, a gran familia que construímos cos nosos siareiros e siareiras, xamáis desaparecerá. O noso amor seguirá sempre vivo”. E, precisamente, para o goce dos siareiros e siareiras, o grupo interpretou algúns dos temas do seu último e derradeiro traballo en formato acústico. Aínda hai tempo para despedir a NAO.

Podedes escoitar os singles do novo disco coas letras escritas en Youtube.

 

Fotografía: Aroa Martínez

 

 
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies