Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura dj Musica

Malatesta vibra a ritmo de reggae con Fiminine Hi-Fi

O pasado sábado estivemos na nosa primeira dub session en Malatesta, organizada por Maislume Kolective, colectivo que nace en Compostela co fin de difundir a cultura Soundsystem e outros xéneros musicais orixinarios de Xamaica.

Feminine Hi-Fi, chegadas directamente desde Brasil, foron as protagonistas da noite, animando coa sua música e contaxiando o seu buen rollo a todos os asistentes que non deixaban de bailar.

Qué mellor, nestes tempos de compromiso coa igualdade, que estrear a nosa crónica dub coa visita dun dos colectivos máis activos e comprometidos da escea do reggae brasileira: Feiminie Hi-Fi, composto exclusivamente por mulleres que empregan a música reggae como instrumento para dar valor ao papel da muller na cultura xamaicana, coma linguaxe para protestar contra a opresión social en cuestións de xénero.
Feminine Hi-Fi foi fundado en 2016 e organiza actividades de estímulo e aprendizaxe coma workshops e charlas e ademáis conta co selo Feminine Hi-Fi Tunes, adicado á gravación, promoción e distribución musical enfocada ás voces femeninas do reggae.
¿Coñecedes a Maislume Kolective? Podémosvos contar que son un colectivo de Compostela que nace en 2014, que son un grupo de rapaces con iniciativa, con ganas e ilusión que deciden xuntarse para promover a cultura alternativa do reggae-dub mediante a organización de eventos e festas que contan con artistas de nivel e repercusión. Susto selectah, Santi, Hortical, Tarta e Rilo forman parte desde proxecto, coa colaboración de colectivos como MZTKZ e Gudaridub, entre outros.

Durante a época do verán céntranse en festivias galegos e no inverno a Sala Malatesta Compostela acolle a súas Pon di mic nights.

Teñen claro o seu obxectivo: “Queremos aportar o noso gran de area a unha cultura que nos namorou dende que vibramos por primeira vez na Povedub, onde vivimos ao que un colectivo pode chegar. En Galicia estáse a coñecer o que é un Soundsystem e xurden novos colectivos locais que impulsan esta cultura pouco a pouco. Desde aquí animámoslles a que non se rindan!”

Se querelles saber mais deles ou coñecer as suas festas dub, seguídenos nas redes e informarémosvos das vindeiras!

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies