Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Cultura Exposiciones

José Perozo presenta Fragmentaria en Eugenio Granell

Fragmentaria trata sobre a construcción la personalidade humana. De como se arman o carácter e os seus arquetipos, e como esa edificación mental é subxectiva, mutable e reinterpretable.

Cinco pezas principais que responden a cinco aspectos da nosa vida. O pensamento, a fraxilidade, a duplicidade, a civilización e a viaxe mostrados como elementos da nosa conducta, exteriorizados de xeito visible sobre os corpos, mediante unha linguaxe onírica e un código surrealista. Hai ademais diferentes reinterpretacións ou reconstruccións destas mesmas ideas, ás veces completando a información asociada a cada un destes caracteres, ás veces contradicíndoa, dando a entender que as posibilidades de construcción da personalidade son variables e aleatorias.

Fragmentaria é un desmenbramento das capas que nos conforman para convertelas en pezas con significado propio.

 

Fragmentaria é o resultado da iniciativa Artista en Residencia 2019 da Fundación Eugenio Granell. Unha exposición de escultura de Jose Perozo que mostra unha vintena de elementos, inspirada na construción do carácter e a personalidade humanas. Ademáis do taller do propio artista, as pezas foron realizadas na Fundación Granell, en Sar Cerámica e en Escenoset S.L.

En Fragmentaria, Perozo interpreta cinco ideas principais: a filosofía, a civilización, a viaxe, a fraxilidade e a duplicidade. Cada unha delas represéntase mediante unha escultura de figura humana a tamaño real, todas construídas a base de fragmentos ou pezas que as conforman como se fosen edificacións. O imaxinario dos personaxes exteriorízase sobre os seus corpos nun código surreal e onírico, completando a información que os relaciona coa idea que representan. Hai, ademais, diferentes reinterpretacións ou reconstrucións dos mesmos conceptos, ás veces completando a información asociada a cada un destes caracteres, ás veces contradicíndoa, dando a entender que as posibilidades de construción da personalidade son variables, mutables e subxectivas.

Os materiais cos que está construídas as esculturas son, principalmente, a cerámica, a madeira e o metal, mais tamén atopamos outros coma o cristal, o metacrilato, a pintura ou as fibras vexetais, exhibindo unha diversidade de estilos e liñas estéticas que reforza esa condición variable da formación das nosas características psicolóxicas.

A exposición conta ademais cun espazo sonoro creado por Pilo Sierra, composto ad hoc para Fragmentaria.

Jose Perozo (Vigo, 1978) estudou Escultura na EASD Mestre Mateo de Santiago, e Escenografía en Escénica Técnica de Granada. Dende 1998 reside en Santiago de Compostela, onde compaxina o seu traballo artístico coa construción de decorados para teatro, cine e televisión.  En 2017 inaugurou Bastións na Igrexa da Universidade de Santiago, liña de traballo que continuou en 2018 con Bastións II no Círculo de Empresarios de Vigo. Tras participar en diversos certames como Gois-Oroso Arte 2018 ou a Bienal de Arte no Morrazo 2019, inaugura a súa nova exposición, Fragmentaria, na Fundación Eugenio Granell

 

Redacción: José Perozo / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies