Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Festivales Musica

Fisterra, onde o blues é unha gran festa

 

Fisterra sabe a blues.

A historia nos dí que o blues é un son melancólico. Fisterra, na segunda edición do Fisterra Blues festival ven de demostrar que aqueles acordes que naceron desde a tristeza e a desnudez poden convertirse en moito máis cunha festa.

 

Na pasada fin de semana, a segunda edición deste festival fisterrán demostrou que o blues e a inmensidade do océano desde a costa galega son almas xemelgas.

O desafío de que unha cita musical non sexa un feito aillado no tempo nunca é doado o festival cumpliu e de qué xeito e, baixo a imaxe do gaivotón atlántico, pasou con nota o exame desta nova edición. Durante tres días, barcos e rúas do Finisterrae enchéronse de amplificacións que respaldaban armónicas, guitarras e pianos cun total de dez grupos e baixo o sempre temerario reto de alternar a autóctonos e invitados de luxo. O reto estaba claro: pluralidadade: máis presenza feminina e introducción de outros estilos como o soul, country ou rhythm & blues. E resultou.

Corey Harris encabezou o cartel e trouxo desde Denver a ortodoxia do blues do delta misturada con sons africanos. E desde Galicia bandas como The Lákazans, Carla Green & The Demons, Os Brigadiers, Fisterra Blues Band ou Alejandro Vargas e moitos outros conseguiron que unha finde semana de calor e praia e enchida de fútbol, non foi quen de restar público que chegou desde distintos puntos de Galicia a únha cita musical que xa escribe enletras de molde o seu nome na maxestuosidade das beiras do Atlántico.

Sería inxusto non falar de quen fai esto posible empezando polo Concello de Fisterra e a Deputación de A Coruña e a colaboración de Mahou, que creu na idea desde o principio, e a aposta de toda a localidade fisterrá por terra e por mar e por diante e por detrás dos escenarios. Parabéns!

Aplausos para o traballo ben feito. The Atlantic ocean is the Galician Misisipi.

 

Redacción: Karmele Vázquez / Fotografía: Aroa Martínez

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies