Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Baile Cultura Gente Musica

Danza en tránsito, unha iniciativa para conmemorar o Día Internacional da Danza en Compostela

A Deputación da Coruña leva a danza ao aeroporto e ás estacións de tren e autobús de Santiago de Compostela co programa “Danza en Tránsito”

O programa desenvolveuse onte, día 29 de Abril, para conmemorar o Día Internacional da Danza

 

Danza no aeroporto e nas estacións de tren e autobús de Santiago de Compostela é a proposta coa que a Deputación da Coruña conmemorou onte 29 de abril o Día Internacional da Danza. O programa “Danza en Tránsito” quixo achegar ao público ao baile contemporáneo en espazos de movemento.

Visibilizar a variedade de propostas é un dos obxectivos de “Danza En Tránsito” que inclúe no seu programa profesionais da danza contemporánea, swing, performance, break dance, street dance, danza tradicional, danza acrobática e danza inclusiva como Traspediante, Compañía IO, Vella Escola, Can Cun Quinqué, Fundación Down · USC e Cantigas e Agarimos. A iniciativa  finalizará cunha instalación onde o público poderá bailar no seu tránsito e así celebrar este día coa danza.

“Con “Danza en Tránsito” buscamos sorprender en espazos en que non se agarda atopar un espectáculo, fóra de escenarios de teatros e auditorios, achegar a danza a un público en movemento, para que se deteña e se sorprenda coa beleza da danza”, sinalou na súa intervención Goretti Sanmartín Rei que defendeu tamén a  necesidade de buscar novos públicos para a danza, unha arte escénica que se programa pouco desde os centros de arte institucionais e privados e que precisa aínda un forte impulso para chegar a un maior número de persoas.

Para a comisaria do programa, Rut Balbís, “a danza segue sendo para moitos unha descoñecida, ademais, hoxe en día existen moitos estilos e tendencias ós que o público non poden acceder con facilidade por isto, a importancia de normalizar a nosa relación ca danza, de facer dela algo cotiá”.

“Santiago é a elixida por ser un exemplo de un ir e vir continuo de xente, tanto de xente de aquí como todas esas viaxeiras que se achegan de todo o mundo a coñecer a cidade”, apunta Rut Balbís que dirixe un programa que sorprenderá ao escoller escenarios pouco habituais para a programación artística co obxectivo de “colocar a danza no día a día das persoas e sorprender a todas estas persoas que se atopan en tránsito, esperando un medio de transporte, ou subindo ou baixando del, con micro pezas de danza de estilos diferentes”.

O programa iniciouse na estación de tren, para continuar na de  autobús e rematou no aeroporto cunha oferta en que se incluíron sós, dúos e mesmo algún cuarteto de danza nunha proposta que inclúe estilos como danza contemporánea, danza inclusiva, Break dance, Lindy Hop, danza tradicional galega, performance ou danza acrobática. “Danza en Tránsito” diríxese, polo tanto, a aquelas persoas que se atopan -como a propia danza durante a súa coreografía ou a performance- en movemento, dun lugar a outro. “Algo ten tamén de coreografía o fluxo da xente que hai nos aeroportos e nas estacións co cal os espectáculos vanse mimetizar con estes escenarios extraordinarios. Ademais de ir ao encontro con este novo público foi unha maneira de recibir ás persoas visitantes cun elemento que identifica Santiago de Compostela como é a cultura”, destaca Goretti Sanmartín da filosofía do programa.

Esta iniciativa conta coa colaboración de Adif, que cede o espazo como parte do seu Programa Estación Abierta. Dito programa pon á disposición das organizacións sen ánimo de lucro e institucións públicas, espazos nas estacións para a realización de esposicións, concertos, campañas de difusión  e sensibilización en valores e todo tipo de actividades.

Do mesmo xeito son colaboradores Tussa desde a Estación de Autobuses e Aena desde o Aeroporto de Santiago de Compostela, cedendo os seus espazos para a realización das actividades así como poñendo á disposición da organización de Danza en tránsito os elementos precisos para o seu desenvolvemento.

 

Redacción e Fotografía: Aroa Martínez

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies