Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Bar Transi Cultura Gastronomía Locales bien Mercadillo Musica

Cando Compostela foi unha gran cacharela

Nunha noite tropical e co lume de máis de duascentas cacharelas, Compostela reviviu o San Xoán.

Na noite máis corta do ano a cidade non distingue entre lume e pedra, vermú e sardiñas, churrasco ou pan de millo e Dj,s.

 

Todo percorrido por un tren cacharelo. Modernidade e tradición.
Compostela é unha reunión de barrios que se dan a mán. San Xoán deixa o báculo a San Pedro no remate do Camino Francés aos pes de Bonaval.
Non hai segredos, ós pes da Catedral a cidade se bautiza con nome de celebración e de Santo. As uñas de San Lázaro, o fume de San Xoán, os fogos do Apóstol e o polbo da Ascensión, fan peregrinos e festeiros no remate do Camiño no que a orixe relixiosa e as meigas que fuxen das cacharelas xúntase a unha variada programación cultural: festivais de música e danza, teatro nas rúas, actividades para os máis pequenos.
Chova ou faga sol, a festa nás rúas de Santiago continúa.

Eiquí vos deixamos unhas instantáneas dalgúns dos eventos da xornada do San Xoan, comezando por Los Fabulosos Weekend en Cervantes, pasando pola Nave 5 de Abastos, Seráns de Feixóo coa sesión de Dj Mil, churrasco e mercadillo, sesión vermut con Ruda meets LAR Legido en Embora, e Transi coa súa sesión vermut e Feira do disco con concerto de Mr Cool en directo. Desfrutade da fin de semana!

 

Redacción: Karmele Vázquez / Fotografía: Aroa Martínez
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies