Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Entrevistas Gente Musica Teatro

Apatacón: “Queremos buscar os límites do contar e do cantar”

Compostelaesbien estivo con Apatacón, un novo grupo de laboratorio de teatro en Galicia. As súas compoñentes son Vero Rilo e Faia Díaz, e ambas levan o espectáculo “Por unha peseta” que recentemente estivo na Borriquita e no Modus. O vindeiro venres, 2 de novembro, actuarán en Unitaria ás 21 h. da noite. Quixemos saber un pouquiño máis sobre elas e sobre o seu interesante proxecto músico-teatral.

 

apatacón, compostela

Qué é Apatacón?

Faia: Somos unha compañía de nova creación, Apatacón, Vero e Faia. Vero é contadora e eu (Faia) cantante. Temos este espectáculo, “Por unha peseta”, onde tentamos indagar un pouco no valor das cousas e das pesetas en particular.

Levades moito traballando xuntas?

Vero: Sí, coñecímonos xa fai 5 anos ou máis. Pero xuntas así profesionalmente foi en marzo de 2018 cando presentamos o primeiro traballo. En novembro do ano pasado foi a idea de xuntarnos. Faia comezou a falar no bar da súa avoa e gustoume, e decidimos xuntarnos para contar o mesmo xuntas. E decidimos facelo así, en directo, porque temos pouco tempo e nos encontros de “Serpe na cachola” foi a primeira vez que  fomos probar directamente co público. O primeiro ensaio real no que nos xuntaramos para ecoitarnos. E por ahí, o interese e as ganas nos levaron a presentar o formato 15 minutos. E seguimos así, en montaxe continua con propostas do público.

Faia: A verdade é que foi moi progresivo o traballo, moi orgánico. Ver qué gusta máis, qué preferimos compartir… Ata agora que temos un espectáculo de 50 minutos coa sua entidade.

Vero: Sí, presentouse no Castelo de Redes, e a presentación de Compostela foi tamén fai pouquiño. E variou e seguirá variando. Queríamos buscar os límites do contar e do cantar.

apatacón, compostela

Qué tal reacciona a xente?

Faia: Moi ben, estamos sorprendidas. Failles gracia. Tamén é emotivo, e iso é moi agradecido. Non é fácil chegar á sensibilidade das persoas. Estamos contentas porque non rodou tanto e xa temos unha resposta bastante clara.

¿E o futuo?

Vero: Afianza esto que temos. O que fixemos ata agora eran un pouco experimentos, un proceso vivo e en directo co público.

¿Vindeiras actuacións?

Vero: Sí, decidímonos por saliñas pequeñas. O dous de novembro, ás 9 da noite na Unitaria.

Xa sabedes onde ir. As risas e as bágoas están garantidas.

 

Redacción: Román Aday / Fotografía: Aroa Martínez

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies