Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Arte Cultura Exposiciones Fotografía

A mirada de Ricardo Terré en Compostela

Esta é a primeira mostra individual de Ricard Terré en Compostela. O lugar elixido é o mellor ambiente para deixarse levar polas inquitudes que motivaron ao fotógrafo. A selección reúne, xunto ás pezas máis representativas da súa traxectoria, outras imaxes menos coñecidas feitas en Santiago de Compostela.

A obra de Terré revela un coñecemento profundo da vida, sempre interpretado en clave de humor.

 

 

Ricardo Terré iníciase no mundo da arte como pintor e caricaturista e non comeza a fotografiar ata o ano 1955 cando entra en contacto con membros da Agrupación Fotográfica de Cataluña. En 1959 trasládase a Vigo e sigue adicándose á fotografía de xeito afeccionado. Dende o ano da súa chegada e ata finais da década de 1960, ponse a fotografiar Galicia coa intención de publicar un libro monográfico que nunca chega a realizar. Daqueles traballos destaca a serie pioneira sobre a romaría de Santa Marta de Ribarteme. A súa relación co arquitecto Pepe Bar Boo ábrelle as portas para levar a cabo proxectos de decoración con fotografía mural integrada nos espazos arquitectónicos, tanto en locais públicos como en vivendas privadas. Vai aos poucos abandoando a fotografía por falta de estímulo pero sempre activo na vida pública de Vigo, onde adícase a diversas actividades culturais, deportivas e sociais. En 1982 reaparece como fotógrafo en diversas exposicións colectivas nacionais como internacionais. No ano 93 está xa plenamente integrado á práctica da fotografía e retoma o laboratorio fotográfico para copiar as súas fotografías. Analiza o seu arquivo antigo co fin de crear unha serie única e coherente que defina as súas inquietudes ao longo da súa traxectoria.

Terré está considerado como un dos fotógrafos máis destacados da súa xeración. A súa fotografía, dunha gran coherencia temática e formal, ten un carácter subxetivo que a fai identificable. O seu traballo está presente nos principais tratados de historia da fotografía e nas coleccións máis importantes. Un ano antes da súa morte, en Vigo en 2009, recibe o Premio Bartolomeu Ros á mellor traxectoria fotográfica outorgado por PhotoEspaña.

A mostra das fotografías está ubicada dende o pasado 18 de setembro na Igrexa da Universidade. Unha mostra recomendable nun espazo único.

 

Redacción: Aroa Martínez / Fotografía: Alberto Valle

 

 

 

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies