Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Compostela

Agenda Cultura Musica

A maxia de Voodoo en Seráns de Feixóo

Voodoo é a maxia capaz de revivir o esquecido, o antigo, o crebado.
Voodoo é a música capaz de revivir as cancións doutro tempo…

 

Así é como o dúo feminino Voodoo define o seu proxecto. Voodoo son Belém Tajes á voz e teclas e Maritxinha ao baixo. Definen o seu xénero musical como soulk unha mestura de Soul+Folk proclamándose ambas gañadoras do Premio Martín Códax da Música Galega en 2017 coa categoría sour/funk/blues e mellor canción en galego en Certame Música Xove,15, do Concello de Santiago de Compostela.

Voodoo é unha proposta versátil con variadas opcións de directo, letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B.

Unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos, momentos como os do pasado mércores na praza compostelá de Feixóo.

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies