Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Santiago de Compostela

Gente

8 Marzo en Compostela

 

 

 

“Nun mundo perfecto non teriamos que sair a reivindicar nada, pero vivimos rodeadas de inxustiza e violencia. O día de hoxe foi moi emotivo. Hoxe coma tódolos días: Unidas en loita! Vivan as mulleres!”  (Paula García. Touro).

“A folga feminista do pasado 8 de marzo dende o meu punto de vista supuxo un punto de inflexiòn dentro do movemento da reivindicaciòn da igualdade entre mulleres e homes. Foi unha  chamada de atenciòn á sociedade en xeral e aos nosos representantes políticos, os cales deben ter exactamente os mesmos intereses q nòs, as persoas ás que representan, e defendelos.

O feminismo non é unha ideoloxía ou a lo menos eu non o entendo así, é unha forma de entender as actuais estructuras sociais marcadas en todolos ámbitos polo patriarcado e a dominaciòn do home sobre a muller. As mulleres levamos anos asumindo a supremacia do home e a discriminaciòn que isto supòn moitas veces acochada baixo premisas de índole biolòxica, defendidas inclusive por outras mulleres, e que en realidade o que representan é a aceptaciòn e imposiciòn silenciosa dun sistema de valores tremendamente masculinizado que nada ten que ver coa bioloxía e que na práctica se traduce en discriminaciòn laboral, discriminaciòn econòmica,malos tratos e esteriotipizaciòn de roles que o único que pretenden é a minusvaloraciòn da muller polo simple feito de haber nacido fémina.

O pasado 8 de marzo as rúas españolas enchéronse de mulleres de todalas idades e condiciòn social que o único que reclamabamos é IGUALDADE. Foi un día precioso que espero non se quede nun recordo senon que se traduza en verdadeiras políticas e prácticas en prol da igualdade.” (Ana Ferradáns. Santiago de Compostela).

“A folga xeral e as numerosas manifestacións e concentracións que sucederon o pasado 8 de marzo non son máis que o síntoma dunha sociedade desigual. É moi difícil describir as sensacións que persoalmente tiven ese día. Entre os centos de persoas que se xuntaron as 8 da tarde na Praza do 8 de marzo unha das notas predominantes era a diversidade. Eran persoas unidas por un sentimento de rabia, moitas veces contida. O que alí había era xente con ganas de cambiar a dinámica do mundo que nos rodea, un mundo que permite e moitas veces silencia e xustifica os machismos arraigados na nosa cultura e na nosa historia. Non foi unha manifestación especialmente ruidosa, non foi unha manifestación violenta, foi unha manifestación na que se podía sentir o forte vínculo entre miles de caras descoñecidas que se recoñecían en experiencias comúns. Os berros silenciosos esta vez non puideron ser silenciados e fixéronse eco en medios e tertulias, conseguindo dar visibilidade ao que moitas persoas sufren e ocultan a diario.” (María Ramos. Santiago de Compostela).

“A miña sensación nese día e nos días anteriores e posteriores, trasladáronme os meus tiempos de xuventude onde faciamos folgas, sentadas e manis para chegar a acadar os nosos anhelos e dereitos. Ese día sentinme máis VIVA que naquela época porque agora con outra idade doume conta que a persoas seguimos tendo as mesmas inquedanzas e seguimos movéndonos polos nosos ideais.” (Mercedes Martínez. Lugo).

“Se hai algo que caracterizou a este 8M foron os seus sons, a vibración no aire do clamor popular; tamén se sentía a chuvia que caía e que servía como recordatorio da unión das mulleres a esta terra. Non hai casa que non esté ligada a unha muller coraxe; madres, avóas, fillas, noras, sogras… son todas elas; todas as que son, e todas as que foron, as que inundaban o outro día o aire de Compostela.”  (Aida F. Vijande. Santiso d´ Abres).

 

Publicado por

Comentarios

  • Creo que Compostela es Bien é un espazo moi completo no que podes atopar informaciòn sobre todo tipo de eventos; locais de moda; ocio; cultura… !! Sen dúbida un gran proxecto e un imprescindible tanto para as que vivimos na cidade como para todos os que a queiran visitar!! Moita sorte!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies