Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Santiago de Compostela

Cargando Eventos

Verán no Gaiás

Preto de 70 actividades nas que se prevé a asistencia de máis de 50.000 persoas. Esta é a carta de presentación do Verán no Gaiás 2018, programación que vos temos argallada para esta época de estío e que celebraremos, a meirande parte dela, ao aire libre e en contacto cos espazos verdes do Gaiás.

As propostasque vos temos preparadas combinan cultura, lecer e natureza e van dirixidas a todo tipo de públicos tanto por tramos de idade —familiar, cativada, adolescentes…— como pola diversidade e variedade das mesmas. Deste xeito, non vos van faltar concertos ao aire libre, andainas, acampadas, astronomía, xincanas literarias, visitas comentadas ás exposicións á noitiña e moitas máis actividades vinculadas á arte e tamén nos espazos naturais, que é o que máis presta neses días de horas de luz sen fin da época estival!

junio 29 2018

Detalles

Inicio: 29 de junio - 08:00
Fin: 21 de septiembre - 17:00
Precio: Gratuito
Categorías: ,
Web: Visitar la web

Lugar

Cidade da Cultura

Monte Gaiás s/n
Santiago de Compostela, A Coruña 15704 España

+ Google Map

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies