Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Santiago de Compostela

Cargando Eventos

Feito a mán 2018

feito a man, compostela

Sesenta e sete espectáculos e 57 bandas e/ou artistas volverán encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Esta semana dá comezo a décimo quinta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, que terá lugar do 1 ao 26 de agosto.
Polo Feito a Man deste ano pasarán case 60 propostas artísticas diferentes de diversos estilos musicais: pop, rock, blues, jazz, hip hop, música tradicional galega… Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez, tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais
Nestes 26 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderemos ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias. Tal e como é sinal de identidade dende o comezo da propia existencia deste festival, continúase a promover a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Así, poderemos escoitar bandas como Som do Galpóm, The Show Bass, Alejandro Vargas Quinteto, Loiros, Soulwide, Talabarte, Nastasia Zürcher, Quarks, Os Barbitúricos, Habelas Hainas, Oîma, Mad Martin Trio ou The Fabulous Resaca Brothers.

Alén disto, tamén se poderán ver bandas internacionais como Napalma (Brasil), Senza, María Reis (Portugal), Pedro Luis Ferrer & Lena Ferrer (Cuba) e Harmonica Creams (Xapón).

App do festival
Por segundo ano consecutivo, o Feito a Man conta unha app móbil, tanto para móbiles Android como iOS, que se pode descargar de forma gratuíta. Este festival, organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella, está apoiado polo Concello de Santiago e pola Deputación da Coruña, ademais de patrocinado por Estrella Galicia.

Todo o programa aquí: http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1532947825folleto-programa.pdf

 

agosto 01 2018

Detalles

Inicio: 1 de agosto - 08:00
Fin: 26 de agosto - 17:00
Precio: Gratuito
Categorías: , , , ,
Web: Visitar la web

Lugar

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, A Coruña España

+ Google Map

Organizador

Asociación Cultural Cidade Vella
Pagina Web:
https://www.facebook.com/cidadevella/?fref=ts

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies