Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Santiago de Compostela

Entrevistas Gente Musica

Diego Negro: “A música é o meu elemento”

Se tiveramos que describir a Diego cunha soa palabra sería sen dúbida “polifacético”, porque fai moitas cousas, e fainas ben.

Diego Negro é sobre todo coñecido por ser o vogalista de espectacular voz de Mojo Experience pero tamén forma parte de 5 agrupacións Compostelás máis como son Poesía Canalla, Diego Negro & The Barefoot zen wonderers, The man all us, Eucaria e L.O.L.A. Case nada.

Hoxe nun café cóntanos e cóntavos un pouquiño máis da súa vida, na que a música, como non podería ser menos, ocupa gran parte dela.

 

Quén é Diego? De onde ven e qué fai?

Son de Betanzos. Empecei alí a facer música. Tiven un grupo durante 7 anos que era todo música funk. Derivei ao final na música negra porque xa me ven de familia, meu pai escoitaba sobre todo música negra, era o raro da pandilla, menores o resto escoitaba rock él escoitaba funk e soul e ese tipo de música.

Estudiaches algo de música ou algo relacionado coas artes?

Sí. Fixen 3 anos de arte dramático e ahí traballei moita técnica vocal aplicada ao canto e ao teatro.

Tiraches máis á música que ao teatro polo que vexo, non?

Cando deixei a carreira, fíxeno para montar unha compañía de teatro pero non acabou de sair moi ben. Ao final acabei na música e non tiven tempo de seguir co teatro. Voltarei a él. O teatro é unha droga.

En qué grupos estás agora mesmo?

Mojo experience, Poesía Canalla, Diego Negro&The Barefoot zen wonderers, The man all us, Eucaria, e o último proxecto é L.O.L.A, un proxecto de rock alternativo.

Todos son de Compostela polo que me contas, cómo organizas o teu tempo?

Como podo (risas).  Estou en 6 bandas a ademáis imparto clases de técnica vocal na Regadeira de Adela.

¿Por qué che gusta o teu traballo?

Porque penso que non podo facer outra cousa. Intenteino pero tendo a desesperarme. Cando fago cousas que non quero tendo a caer bastante en depresión, estado que non me gusta de min mesmo, daquela intento evitalo. Cheguei á conclusión de que o que teño que facer é isto. O teatro gústame moitísimo pero a música é o meu elemento.

Imagino que o teatro axudaráche a ponerte en escea porque o Diego que está arriba en escea e éste non temen nada que ver…

(Risas) Bueno, claro, son personaxes que vas facendo dependendo no grupo no que esteas. En Mojo Experience son medio chamán e é un papel que me gusta pero en Poesía Canalla son o contrapunto cómico do frontman e poeta de Poesía Canalla, Carlos A. Botana.

¿Cada grupo é unha cousa diferente?

Hai similitudes e hai lugares en común. Pero son cousas distintas. Mojo Experience é rock blues duro e Poesía Canalla é poesía con distintos estilos de música, dependendo do que lle cadre ao poema, facemos desde música africana, soul, rock, metal, rock progresivo… Cantado e recitado. Eu vou facendo estribillos e estrofas cantadas, ese tipo de cousas. The man all us é un grupo de improvisación, sobre todo sobre blues, pero tendemos á marcianada. O meu grupo de new soul, que é soul mesurado con jazz e hip hop, métolle elementos de rock progresivo, cambiando compases… L.O.L.A. é un grupo de rock alternativo e EuCaria é jazz rock.

Identifícaste máis con algún? Todos terán algo de ti, pero sínteste máis cómodo nalgún deles?

Depende. Coa Mojo Experience tivemos moitos bolos e hai moita confianza entre nós e con Poesía Canalla son mitos anos. Co meu grupo The Barefoot zen wonderers son as miñas canción propias, feitas por min. Estou cómodo porque primeiro teño catro musicazos incribles do mundo do jazz e segundo porque son os meus temas, hai unha parte moi grande de min ahí metida. Cos The Man all us é a miña parte tola de soltar marcianadas coa guitarra. Eukaria vai un pouco por ahi pero moito máis composto con máis detalle na composición, que me gusta bastante. Definivivamente sí, cada proxecto ten algo de min.

Qué grupos te inspiran? Qué músicos escoitas?

Depende do que faga. Por exemplo, para facer soul fíxome moito en Snarky Puppy, a banda de Knower que antes facían electrónica e agora fan un directo para volverse tolo, D´Angelo, pola forma de cantar, e se fose máis atrás, Otis Reding, inflúeme moitísimo na voz, Curtis Mayfield, etc.

Imaginamos que isto ven de atrás, cuando escoltabas música de pequeno…

Sí,sí, meu pai era melómano perdido, machacábame con moita música e eu era unha esponxa. Ao final tes moitas referencias ahí. Tamén escoitaba moito metal cuando era rapaz, e ahí veume o cuidado polo composición.

Mola que seas tan variopinto nos gustos…

Sí, e que gústame a música se está ben feita. Gústame moito explorar e son un cú inquieto. Se non me paran arrícome a facer música balcánica.

Cómo te gustaría verte nuns anos?

Gustaría tocar onde sexa. Eu ao que realmente aspiro é a poder vivir disto. A ser un profesional e non vivir apurado nin apretado, e sobre todo coa tranquilidade de que estou facendo o meu traballo, ese é o obxectivo principal disto porque ao final é un traballo.

Sacáis disco este ano coa Mojo Experience, non sí?

Seguramente, despís do verán, aínda non está moita clara a data. En verán non nos pareceu bo momento, daquela esperaremos a setembro ou outubro.

Pódesnos adiantar algo?

Está quedando de la hostia. Grabámolo no estudio da casa do rock e tivemos de técnico a Mou, guitarrista de varias bandas coma Dark Embrace ou Trashnos, moi bo e exixente técnico de estudio. Quedei moi contento coa grabación, que agora está en mezcla.

Faredes presentación?

Claro! Haberá novas e sorpresas (risas).

Algunha anécdota simpática que lembres tocando por ahí?

Pasoume de todo nestes anos. Que non me quixeran pagar, que me pagaran de máis, que me quixeram pagar e non en diñeiro, público estrafalario, público inesperado, público destructivo. Un pouco de todo, que tamén é a vidilla que esto ten.

Con Poesia Canalla pasoume nun concerto, cando estabamos en trío que empecei unha canción que ten moito peso dramático e requería concentración. Había unha pandilla de murcianos berrando na milla forera e despois de varios avisos sutiles, casi tiven que parar e decirlles que si non paraban iba a estampar o mástil da guitarra. Cabreeime moito e foi unha das poucas veces que perdía os papeis.

Cómo ves o tema da lei da Xunta contra a música nos locais?

Penso que é un problema estructural da sociedade e dos músicos que non fomos capaces de reunirnos de falar de ti a ti. Penso que agora empeza a despertar a conciencia nese respecto e ahí e onde ven o futuro, senos non hai ningunha solución. Hai que asociarse para poder ter un corpus reivindicativo firme. E non remata eiquí. O problema da lei é que ven aprobada solo polo PP. Non ten máis apoio político. É unha arma arroxadiza. Hai un problema de Loita política e os artistas estamos instrumentalizados de forma política, o que temos que facer é non deixarnos instrumentalizar, asociaciándonos e tendo ese corpo reivindicativo ben claro, facer un pouco de conciencia de clase artística. Pasa o de sempre. O capitalismo vendeu o éxito como a meta dos artistas igual que dos empresarios. E o éxito é un accidente, e para conseguilo hai que traballar e para traballar hai que ter dereitos e ese tipo de cousas.

Como ves o tema cultural en Compostela?

Hai un intento de institucionalización da cultura en Compostela, obviamente desde a dereita e o sector conservador. Penso que é un erro como unha casa, e só hai que ver os turistas que veñen por tres días e ven que hai un concierto que non viran e quedan outros dous. E pasoume na cara, de decirme que non sabían que había ese concerto. Ese tipo de cousas hai que coidalas. Esta cidade xa non é unha das mecas do cristianismo. Agora que o cristianismo está de capa caída, isto debería ser unha capital cultural, non unha capital sacra. Penso que as carencias que hai veñen un pouco polo apoio, non institucional porque o Concello sí está apoiando, pero sí de ese sector conservador que non quere deixar que esas cousas pasen. Hai un problema coa dereita sempre, que é que cando non teñen o poder pensar que lles pertence e empezan a poñeerse un pouco agresivso na súa política e nas súas actitudes. En Galicia pasa e en España tamén. Eso de que hai dúas Españas existe e é un perigo gordo porque aínda que non creo que haxa unha guerra civil estando no século que estamos, sí que haberá problemas de resposta política.

As tuas propostas para reactivar e coidar a cultura.

Hai moitas formas. Levar o teatro na rúa. Que forme parte da cultura popular e non que estea metido entre catro paredes detrás dun telón. Iso é unha forma de alonxar da sociedade un retrato fiel porque o teatro e moi útil para verse e para avanzar como sociedade. A gente ten que sorprenderse outra vez, ten que descubrir cousas e os descubrimientos son siempre por accidente. Hai que provocar eses accidentes. Este Concello está apoiando e permitindo bastante a música na rúa dentro da súa xurisprudencia. Penso que hai moitas formas de devolver á cultura á gente e non volvela de élite. Sería o ímaís intelixente, dar eses pasos para ese tipo de políticas.

Cal é o teu obxectivo a corto prazo?

“O obxectivo é non parar.”

E seguro que así será. Moita sorte Diego!

 

 

Redacción e fotografía: Aroa Martínez

 

 

 

 

 

Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

SUSCRÍBETE
Próximos eventos

Mi selección personal de eventos -> no te pierdas 😉


Programación conciertos Sala Capitol

sala capitol, compostela
28 septiembre, 2018 @ 8:00 am - 15 febrero, 2019 @ 5:00 pm

Outono Festival

outono festival, compostela
octubre 19 @ 12:30 am - diciembre 27 @ 8:30 pm

Boas Noites

boas noites, itaca, compostela
noviembre 8 @ 8:00 am - noviembre 30 @ 5:00 pm

Ver más eventos

Síguenos en…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies