Type and Enter to Search

Revista digital cultural de Santiago de Compostela

Agenda Cultura Rutas

Valle Inclán e Rosalía pasean por Santiago

 

Máis de cen persoas acompañaron ás figuras de Ramón del Valle-Inclán e Rosalía de Castro nunha visita teatralizada gratuita polas rúas do casco histórico compostelano no marco do programa especial Apóstolo 2018.

Nunha tarde calurosa aínda que con ameazas de tormenta, o grupo estivo precedido dun dúo de gaiteiros e iniciaba a súa andaina na praza de San Agostiño. Cunha mestura de historia e arte da cidade e reseñas biográficas dos dous persoeiros: as súas obras, as casas, a súa xuventude, a cidade do seu tempo, ou os seus segredos.

 

Moi vencellados a Compostela, don Ramón e Rosalía, intepretados polo guía actor Suso Martínez e a actriz Belén Espiñeira fixeron seis paradas no casco histórico da cidade. Precedido por un grupo de gaiteiros, o grupo foi medrando a medida que percorría a cidade e miles de móbiles e cámaras detiveronse a plasmar distintos momentos da visita, un dos grandes atractivos da tarde.

Primeiramente detiveronse na Rúa da Conga, onde don Ramón falou da súa obra Tirano Banderas. Logo, na Rúa Nova ante a igrexa de Salomé, Rosalía aproveitou para ensinar o monumento e explicar que foi alí donde recibeu o bautismo a súa filla Alejandra e os presentes poideros escoitar unha extraordinaria versión de Negra Sombra interpretada ó violín.

Posteriomente, fixeron un alto na Rúa do Vilar e o grupo se detivo ante a casa de Vaamonde Cornide, no Toural, na Rúa Bautizados, na universidade e finalmente, no Cruceiro de Ramirez, xunto á igrexa de San Fiz, onde o escritor narrou o seu duelo no Café la Montaña de Madrid, que o levou a perder un brazo.

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla de nai solteira, unha padronesa fidalga e liberal, iniciou a súa formación intelectual en Santiago. Morreu en Padrón o 15 de xullo de 1885. Ramón María del Valle-Inclán estudou na Universidade de Santiago e aquí publicou os seus primeiros traballos literarios, na revista Café con gotas. En Santiago tamén pasou os derradeiros meses da súa vida ata que faleceu en 1936.

O calendario de visitas continúa. É una actividadade libre e non é preciso reservar pero é recomendable presentarse dez minutos antes da saída, na praza de San Agostiño. As visitas repetiranse  nas festas do Apóstolo todos os venres e domingos.

 

Redacción: F. Franjo / Fotografía: Aroa Martínez
Publicado por

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

SUSCRÍBETE
Próximos eventos

Mi selección personal de eventos -> no te pierdas 😉


Programación conciertos Sala Capitol

sala capitol, compostela
28 septiembre, 2018 @ 8:00 am - 15 febrero, 2019 @ 5:00 pm

Outono Festival

outono festival, compostela
octubre 19 @ 12:30 am - diciembre 27 @ 8:30 pm

Boas Noites

boas noites, itaca, compostela
noviembre 8 @ 8:00 am - noviembre 30 @ 5:00 pm

Ver más eventos

Síguenos en…

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies